A UNED de Lugo celebra o Día Mundial da Educación Ambiental

LugoXa
A xornada, aberta ao público xeral, busca fomentar a conciencia ambiental desde idades temperás e promover o pensamento crítico e a acción responsable
xornada-medioambiental-UNED-Lugo
23 Jan 2026

A UNED de Lugo organiza, dentro do programa ODS en Acción promovido polo Observatorio ODS da institución, a conferencia titulada “O espertar da consciencia ambiental desde a infancia: o proxecto Pellets”, que se celebrará o luns 26 de xaneiro de 2026, ás 17:00 horas, no Salón de Actos José Luis Prieto Arroyo da UNED Lugo, en modalidade presencial, e en liña, con posibilidade de asistencia en directo ou en diferido.

Esta actividade conmemora o Día Mundial da Educación Ambiental e pon en valor o Obxectivo de Desenvolvemento Sustentable 4, centrado na educación de calidade. A xornada combina unha conferencia e un espazo de reflexión arredor do proxecto Pellets, unha iniciativa que busca sensibilizar os máis novos sobre a interdependencia entre os seres vivos e os ecosistemas, fomentando o pensamento crítico, o compromiso ético e a acción responsable.

Entre os poñentes destacan Bibiana Marful Castañal, cofundadora e coordinadora pedagóxica do proxecto Nenea, medrar creando, e María Mayorga Martín, xornalista e educadora social especializada en educación ao aire libre.

⚙ Configurar cookies
0.23961687088013