A UNED de Lugo celebra o Día Mundial do Arte con un taller de acuarela e baño de bosque

LugoXa
A actividade combinará creatividade, natureza e benestar no marco do programa ODS en Acción
UNED-Lugo-portada
9 Apr 2026

A UNED de Lugo organiza o vindeiro 14 de abril, ás 17:00 horas, a actividade “Taller de acuarela na natureza e Baño de bosque”, unha proposta que integra creatividade, conexión coa natureza e benestar, dentro do programa ODS en Acción. O punto de encontro será o Centro de Interpretación Terras Do Miño, no Paseo do Río Rato de Lugo.

A iniciativa conmemora o Día Mundial do Arte e pretende poñer en valor a expresión artística como ferramenta para o benestar persoal e a conexión co contorno. A actividade combina un taller de acuarela ao aire libre, dirixido por Oniel Rodríguez López, cun baño de bosque guiado por Mercedes Rois, xerando unha experiencia educativa, creativa e de benestar.

O obxectivo é demostrar que a natureza funciona como un aula viva capaz de potenciar a creatividade, a concentración, a saúde mental e a conciencia ambiental mediante a vivencia directa. Ademais, a proposta reivindica a sustentabilidade e o uso de materiais locais, poñendo en valor as artesanías e coñecementos tradicionais, en liña co ODS 12 “Produción e consumo responsable”.

Durante a sesión, os participantes poderán explorar técnicas básicas de acuarela inspirándose no entorno natural, ao mesmo tempo que desenvolven unha conexión máis profunda co paisaxe a través de exercicios de atención plena. Os profesionais especializados introducirán tanto os fundamentos da pintura con acuarela como as dinámicas propias do baño de bosque.

0.12874007225037