A UNED de Lugo conmemora o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia cunha xornada sobre vocacións STEM

A UNED de Lugo celebrará o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia coa organización da xornada Conéctate á ciencia, unha iniciativa coa que se busca visibilizar o papel das mulleres nos ámbitos científicos e tecnolóxicos e fomentar as vocacións STEM entre as nenas e as persoas mozas.
A actividade celebrarase o día 11 de febreiro, en horario de 12:00 a 14:00 horas, e poderá seguirse tanto de maneira presencial como en liña, e o prazo de matrícula xa se atopa aberto para todas as persoas interesadas en participar nesta actividade e a
A xornada reuniránse diversas profesionais do eido STEM, que compartirán as súas traxectorias formativas e experiencias laborais en sectores estratéxicos como a enxeñaría, a ciberseguridade, a investigación biomédica, a sustentabilidade ou a transformación dixital. O encontro incluirá tamén un espazo de diálogo directo co alumnado convidado, que poderá formular preguntas e coñecer de primeira man os retos e as oportunidades que afrontan as mulleres nestes campos profesionais.
O obxectivo principal da actividade é ofrecer referentes femininos en ciencia e tecnoloxía, contribuír á eliminación dos estereotipos de xénero e impulsar as vocacións STEM, achegando modelos reais de liderado e excelencia profesional ás novas xeracións.
Entre as participantes figuran Oumaima Abbou, Técnico Superior de Riscos Laborais en TESICNOR; Laura Baus, CISO de Vodafone; Cristina Bombín del Palacio, Digital Transformation Lead de Entelgy Consulting Tech; Sofia Ya Hsuan Liou, profesora do Departamento de Xeociencia da Universidade Nacional de Taiwan; Olatz Merino Garay, manager RSC/ESG en Sigma AI; María del Rocío Muñoz Mansilla, vicerreitora de Tecnoloxía da UNED, e Silvia Soriano Arévalo, xerente de Defensa, Xustiza e Interior en Microsoft Ibérica.