A UNED de Lugo e o Banco de Alimentos poñen en marcha a campaña Nadal Solidario

LugoXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
A iniciativa busca recadar alimentos básicos do 1 ao 19 de decembro para apoiar a familias en dificultades
recollida-alimentos-UNED
28 Nov 2025

A UNED de Lugo e o Banco de Alimentos de Lugo, poñen en marcha a primeira edición da campaña Nadal Solidario, unha iniciativa destinada a apoiar ás familias que atravesan dificultades nestas datas tan significativas.

A recollida de produtos desenvolverase do 1 ao 19 de decembro, cunha especial chamada á doazón de arroz e pasta, alimentos básicos e de longa duración que permiten dar resposta ás necesidades máis urxentes.

As persoas interesadas en participar poderán depositar as súas achegas na sede da UNED Lugo e tamén nas Aulas Universitarias de Foz, Monforte e Viveiro, durante o seu horario habitual de apertura.

Desde a UNED Lugo subliñan que “a solidariedade da comunidade universitaria e da cidadanía é esencial para mellorar o Nadal de moitas persoas”, e animan a participar activamente nesta acción que busca ofrecer apoio e esperanza a quen máis o precisa.

⚙ Configurar cookies
0.073416948318481