A UNED de Lugo levou a cabo unha actividade sobre a emerxencia climática no CEIP A Milagrosa

A UNED de Lugo, en colaboración co CEIP A Milagrosa de Lugo, impartiu unha actividade dirixida ao alumnado de 5º e 6º de Primaria sobre a crise climática.
A conferencia, titulada 'Alfabetización Climática. Educación para o Desenvolvemento Sostible', enmárcase dentro do proxecto #LugoNaturalMente, unha iniciativa de divulgación ambiental promovida pola universidade.
Os biológos da UNED Lugo, Paula Fernández Moure e Alejandro Rodríguez García, foron os encargados de desenvolver a actividade, na que explicaron o contexto histórico da crise climática actual, afondando nas súa causas e consecuencias. Con esta iniciativa, a universidade busca fomentar a conciencia ambiental e social entre a mocidade.
Con este relatorio, súmanse novos contidos aos xa impartidos no marco de #LugoNaturalMente, unha iniciativa que ten como obxectivo a creación dunha cultura científica e ambiental entre a cidadanía de Lugo.