A UNED de Lugo organiza a actividade 'Non estades soas'

LugoXa
Xuristas abordarán nesta actividade os aspectos relevantes en relación coa violencia de xénero dende unha perspectiva xurídica
uned-lugo
11 Nov 2024

Co gallo do 25N, a UNED de Lugo organiza a actividade 'Non estades soas' e xa está aberto o prazo de matrícula, xa que a actividade realizarase online e presencial do 18 ao 21 de novembro.

Xuristas abordarán nesta actividade os aspectos relevantes en relación coa violencia de xénero dende unha perspectiva xurídica, esencialmente penal e procesual.

Participan nesta actividade: Roberto Barba Alvedro, maxistrado e director xeral da loita contra a violencia de xénero; Susana Pazos Méndez, maxistrada; Carlos Suarez-Mira Rodríguez, maxistrado, profesor titular de Universidade e titor UNED Coruña; Ana Libertad Laliena Piedrafita, maxistrada e profesora ordinaria Escola Xudicial (AREA PENAL); Begoña Santos Fernández, avogada ICA Lugo, profesora titora de Dereito Penal UNED Lugo, exdirectora xeral de Xustiza Xunta de Galicia; Ana Jartín Abraira, psicóloga-perito del IMELGA (SUBDIRECCION DE LUGO); Aurea Martínez de la Fuente, fiscal Fiscalía Provincial Lugo; Pilar García Puertas, avogada ICA Lugo, presidenta de Xustiza e Diversidade; Sandra Piñeiro Vilas, maxistrada e titora UNED Lugo; Adriano J. Alfonso Rodríguez, doutor en Dereito, xuíz, titor UNED Lugo.

0.14844012260437