A UNED de Lugo organiza a segunda edición do seu curso básico sobre Mitoloxía

A UNED de Lugo organiza a segunda edición do seu curso básico sobre Mitoloxía, que terá lugar de forma online e presencial do 25 de novembro ao 10 de decembro, de 10.30 a 12.30 horas.
A través de Raquel Iglesias, licenciada en Historia da Arte, profesora titora UNED Lugo e coordinadora de Extensión Universitaria do centro, as persoas que se apunten poderán coñecer as historias de mitos e lendas que seguen cativando hoxe en día debido aos propios mitos como ás obras de arte inspiradas neles, creadas ao longo da Historia.
"Coa Mitoloxía podemos chegar a entender o mundo simbólico que nos rodea e atopar un significado a través das nosas experiencias. Imos poder explorar, a través dos mitos, temas universais como son a morte, o amor, o destino... Estas historias son transmitidas de xeración en xeración e forman parte da identidade cultural de cada unha das sociedades en que se crearon, xa que cada cultura ten a súa propia mitoloxía", explican desde a UNED.