A UNED de Lugo organiza a segunda edición dun curso dedicado á figura do coordinador de benestar
LugoXa
Realizarase online ou presencial, do 18 de novembro ao 16 de decembro, en horario de 16.00 a 19.00 horas
3 Nov 2024
A UNED de Lugo organiza a segunda edición dun curso dedicado á figura do coordinador de benestar e protección educativa.
É unha actividade deseñada para levar a cabo a implantación da figura do coordinador de benestar e protección tal como recolle a Lei 8/2021 de protección integral da infancia e da adolescencia, que establece que todos os centros educativos onde cursen estudos persoas menores de idade deben ter esta figura.
Será impartido por Paula Abelleira Sánchez, orientadora de IES do Camiño de Palas de Rei que actualmente imparte formacións de "Coordinador de benestar e protección educativa".
Realizarase online ou presencial, do 18 de novembro ao 16 de decembro, en horario de 16.00 a 19.00 horas.