A UNED de Lugo organiza un obradoiro para facer coroas de Nadal

LugoXa
"A creación de coroas do Nadal é unha boa forma de conectar coa natureza”, din desde o centro de formación
Coroas-de-Nadal
8 Dec 2024

A UNED de Lugo abre o prazo de matrícula para participar nun obradoiro para facer coroas de Nadal de maneira artesanal, con elementos naturais.

Desde o centro de estudos sosteñen que “o Nadal é unha época de consumismo e non hai mellor maneira de fomentar a reciclaxe e a sustentabilidade que elaborar coroas con elementos naturais que nos ofrece a contorna que nos rodea. A creación de coroas do Nadal é unha boa forma de conectar coa natureza”.

Así, terá lugar de maneira presencial os días 12 e 13 de decembro, e participará nesta actividade Fina Freire Lenza, de Arte Floral Rabel.

⚙ Configurar cookies
0.16409611701965