A UNED de Lugo organiza un paseo guiado pola contorna natural do río Rato

LugoXa
Faio con motivo do Día Internacional da Diversidade Biolóxica que se celebra o 22 de maio, unha data promovida polas Nacións Unidas
ponte reparada no rio rato
15 May 2025

Con motivo do Día Internacional da Diversidade Biolóxica, a UNED de Lugo, a través do seu proxecto ambiental LugoNaturalMente e en colaboración coa Asociación Ecotono, organiza un paseo guiado pola contorna natural do río Rato.

O luns, 26 de maio, as persoas interesadas en participar percorrerán o paseo do río acompañados polo educador ambiental Daniel Monteagudo, quen nos guiará a través do bosque de ribeira para descubrir a súa biodiversidade, identificar algunhas das súas especies máis representativas e comprender o seu papel no equilibrio ecolóxico do territorio.

Esta actividade encádrase no 22 de maio, unha data promovida polas Nacións Unidas que busca sensibilizar á cidadanía sobre o valor dos ecosistemas e dos miles de especies que coexisten neles.

⚙ Configurar cookies
0.16920804977417