A UNED Lugo celebra o día 25 unha xornada de acollida
O COIE (Centro de Orientación e Emprego) de Lugo, en colaboración co Centro Asociado da UNED de Lugo, organiza a Xornada de Acollida dirixida a todos os estudantes da UNED, especialmente a aqueles que se matriculan por primeira vez.
A xornada contribúe a familiarizar ao estudante co campus virtual e coa plataforma, así como a coñecer todos os recursos educativos da UNED.
Abrirá a Xornada, a directora, Ana Belén Traseira, dando a benvida aos futuros estudantes, seguidamente a coordinadora do COIE, Carmen Gallego, presentará os servizos que o Centro de Lugo pon ao alcance dos/as estudantes, finalizando a mesma, o coordinador tecnolóxico, Xavier Fernández Salgado que presentará a plataforma virtual do estudantado e os recursos que a UNED pon á súa disposición.
É totalmente gratuíta. Celebrarase o día 25 de setembro no Salón de Actos do Centro Asociado á UNED en Lugo, en horario de 17:00 a 19:00 horas. Tamén se emitirá por streaming en directo e en diferido.
Os/as estudantes interesados/as deben matricularse en : https://extension.uned.es/actividad/39535