A unidade móbil de doazón de sangue chega o martes ás Nogais

LugoXa
A unidade móbil de doazón de sangue estará o vindeiro martes, de 10.00 a 12.00 horas ao carón do Concello das Nogais
Doazon sangue
29 Maio 2022

O Concello das Nogais recibirá o vindeiro martes, 31 de maio, a unidade móbil de doazón de sangue. Así o informan dende o Goberno Local que explican que o autobús estará dende ás 10.00 e ata as 12.00 horas ao carón do Concello.

Lembran, asemade, que para ir a doar hai que almorzar. Ademáis, os interesados en doar sangue deberán ser maiores de 18 anos e pesar máis de 50 kg, levando a tarxeta de doante de sangue ou ben algún documento identificativo.

0.1381630897522