A unidade móbil de doazón de sangue chega o xoves á Fonsagrada
O Concello da Fonsagrada recibirá o vindeiro xoves, 19 de maio, a unidade móbil de doazón de sangue. Así o informan dende o Goberno Local que explican que o autobús estará dende ás 16.30 e ata as 21.00 horas fronte ao museo da localidade.
Lembran, asemade, que para ir a doar hai que almorzar e agardar dúas horas dende o xantar. Ademáis, os interesados en doar sangue deberán ser maiores de 18 anos e pesar máis de 50 kg, levando a tarxeta de donante de sangue ou ben algún documento identificativo.
Esta mesma semana, a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), realizaba un chamamento xeralizado á poboación galega. E é que solicitan, de maneira especial, sangue dos grupos A positivo, 0 positivo e 0 negativo. As reservas destes tres grupos, segundo advertía o Sergas. Presentan niveis moi baixos, polo que se fai preciso reforzar o chamamento á participación nas campañas de doazón.