A USC abre unha tenda oficial no Pazo de Montenegro

LugoXa
O Pazo de Montenegro situado en pleno centro do casco histórico lucense acolle a sede luguesa da tenda oficial da USC, Unitenda.
26 Dec 2022

O Pazo de Montenegro situado en pleno centro do casco histórico lucense acolle a sede luguesa da tenda oficial da USC, Unitenda. Deste xeito, este emprazamento de representación institucional emblemático para a cidade de Lugo amplía a súa funcionalidade como
dotación cultural onde se programan tamén actividades expositivas, musicais e teatrais, ademais de obradoiros, charlas e conferencias.

As persoas que se acheguen a Unitenda poderán acceder ao amplo catálogo de artigos oficiais da institución universitaria que abranguen dende obras editadas polo Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, ata prendas de roupa ou papelería, entre outros. Ademais, os membros da comunidade universitaria contan cun desconto do 15% na maioría de produtos da tenda, de acordo cos requirimentos establecidos na súa páxina web.

0.20290112495422