A USC celebra o 25 aniversario da Domus do Mitreo con un coloquio especializado

O Campus de Lugo da Universidade de Santiago (USC) acolleu o coloquio “Os mitreos en ambientes domésticos” coa participación do secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, con motivo do 25 aniversario do descubrimento da Domus do Mitreo.
O encontro reuniu a unha ducia de especialistas procedentes de diversas universidades de España e Europa, e os seus resultados permitirán a elaboración dunha monografía científica chamada a converterse nun referente fundamental para a investigación sobre este eido patrimonial.
A actividade foi organizada polo Campus Terra da USC, recentemente renovado pola Xunta de Galicia como Campus de Especialización por catro anos máis, un recoñecemento que supón un investimento superior a 4 millóns de euros.