A USC organiza o curso de primavera 'A voltas coa tradición' en Lugo

A Facultade de Humanidades da USC acolle o curso de primavera 'A voltas coa tradición', que se desenvolverá os días 24 e 26 de abril no Campus Universitario e no centro da cidade de Lugo.
Este curso nace como un espazo de encontro e reflexión arredor da tradición, partindo da idea de acompañar e reforzar a iniciativa de homenaxear ás cantareiras e pandereiteiras.
A proposta busca sumar diferentes perspectivas e relatos sobre como se tratou a tradición ao longo do tempo, que se está a facer hoxe e que novos camiños se nos abren para a súa xestión e posta en valor.
Coordinada pola estudante Carme Giráldez Salgado, a edición deste ano parte da idea de homenaxear as cantareiras e pandeireteiras, sumando diferentes perspectivas e relatos sobre como se tratou a tradición, que se está a facer e que outros camiños se abren arredor da súa xestión.
Carlos Callón, Mª Concepción Fernández López, Xabi Iglesias, Patricia Cupeiro, Aitana Cuétara, Branca Villares, Antonio Reigosa e Alba Díaz Geada serán as voces que reflexionen arredor da tradición dende diversas perspectivas e formatos.
O Curso de Primavera contará cunha segunda sesión o 26 de abril na Casa do Saber cunha mesa redonda moderada polo profesor Isidoro Rodríguez Pérez, ás 12.00 horas, e na que se abordará o asociacionismo arredor da música e do baile tradicionais na cidade de Lugo.
Intervirán José Angel Vilabrille Rodríguez de Cántigas e Frores, Fidel Reigosa Cotelo da Volta do Agro, Javier Pajón Fernández de Airiños de Orbazai e Xaneco Tubío da Asociación de Gaiteiras Galegas.
A seguir, desenvolverase o paseo sonoro ‘Habitar a tradición’. O concerto foro con Bouba, que terá lugar no local Ho! Gruf, pechará o programa baixo o lema ‘Á volta dun vermú (Termando dos Marcos)’.