A USC organiza unha xornadas sobre como facer traballos de fin de grao ou máster

LugoXa
A Facultade de Formación do Profesorado do Campus de Lugo da USC celebra dos días 25 e 26 de outubro as xornadas ‘Como facer un TFG/TFM en educación’, no marco da que docentes, persoal investigador e antigos alumnas e alumnas de ciencias da educación abordarán algúns dos aspectos que se deben ter en conta á hora de elaborar traballos de fin de grao e de mestrado.
muller ordenador dixital oficina emprego
24 Out 2023

A Facultade de Formación do Profesorado do Campus de Lugo da USC celebra dos días 25 e 26 de outubro as xornadas ‘Como facer un TFG/TFM en educación’, no marco da que docentes, persoal investigador e antigos alumnas e alumnas de ciencias da educación abordarán algúns dos aspectos que se deben ter en conta á hora de elaborar traballos de fin de grao e de mestrado.

A docente da UDC Carolina Rodríguez Llorente abrirá o mércores 25, a partir das 10.30 horas, a quenda de relatorios deste programa formativo, que conta con apoio económico da Deputación Provincial de Lugo, coa charla O TFG/TFM e a investigación educativa. Que é e por que importa aos mestres e mestras?. De seguido, Anastassia Ognieva, da USC, impartirá a charla Elabora o teu TFG/TFM a partir dunha revisión sistemática da literatura.

A primeira sesións destas xorandas continuará en quenda de tarde coa celebración dun obradoiro guiado por Cristina Carballo, Carla Fernández, Gloria Queizán, Verónica Pardo e Alba Puertas, a través do que ao alumnado participante poderá coñecer e debater sobre os TFG/TFM xa realizados. Estes mesmos monitores participarán de seguido nun faladoiro aberto, no marco do que intercambiarán experiencias e inquedanzas sobre a realización deste tipo de traballos.

Un relatorio sobre as metodoloxías de investigación acaídas para a elaboración dun TFG/TFM, a cargo de Carolina Rodríguez Llorente, abrirá o programa de palestras previsto para o 26 de outubro, data na que a profesora da USC Rocío García Pedreira impartirá un obradoiro baixo o título As situacións de aprendizaxe no marco do TFG: guía para o seu desenvolvemento.

Un relatorio sobre a redacción académica que debe rexer a elaboración dun TFG/TFM, a cargo da docente da Universidade de Vigo Ana Varela Suárez, e outra palestra informativa na que Helena Agrafojo, da USC, abordará algúns consellos prácticos e de utilidade para o estudantado que estea ás portas de presentar este traballo académico, completan os contidos das xornadas.

A inscrición é gratuíta para todas as persoas interesadas, que poderán formalizar a súa matrícula de balde ata o 20 de outubro na ligazón xa habilitada en liña.

0.1902859210968