A USC presenta as actividades de verán que haberá en Lugo

LugoXa
Ioga, zumba, ximnasia de mantemento, aeróbic, hipopresivos e voleibol integran as Actividades de Verán 2023 da USC en Lugo
ioga pilates
3 Xuño 2023

A programación de disciplinas ou actividades de aprendizaxe deportiva oferta pola USC no seu campus de Lugo durante o mes de xuño inclúe ioga, zumba, ximnasia de mantemento, aeróbic, steep, hipopresivos e voleibol. O prazo de inscrición neste ambo de modalidades xa está aberto na web de Deporte da USC, onde tamén se poden consultar quendas horarias, categorías e prezos.

O número de prazas ofertadas para tomar parte nas Actividades de Verán 2023 da USC en Lugo é de 125 e todas as sesións se desenvolverán desde o 1 ata o 30 de xuño, de luns a xoves, en quenda de tarde, na sala de deportes da Facultade de Veterinaria, agás no caso de voleibol, que se celebrará no pavillón do CEIP Illa Verde de Lugo

Os obxectivo das Actividades de Verán 2023 da USC pasan por contribuír a mellorar a condición, a coordinación e a resistencia física das persoas participantes, coñecer e mellorar diferentes técnicas de respiración e concentración, ademais de achegar un maior grao de benestar ou, no seu caso, favorecer a socialización.

0.19703316688538