A V Copa Deputación de Fútbol Sala disputarase do 1 de setembro ao 1 de novembro

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
O sorteo dos emparellamentos celebrouse no Pazo de San Marcos
V-Copa-Deputación-de-Fútbol-Sala
9 Aug 2024

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo patrocina a V Copa Deputación de Fútbol Sala, na que participarán 40 equipos de 3ª División Nacional Masculina, Preferente Masculina, 1ª e 2ª Autonómica Masculina, Preferente Feminina e 1! Autonómica Feminina e que se disputará desde esta fin de semana.

O sorteo dos emparellamentos celebrouse no Pazo de San Marcos coa presenza do responsable de fútbol sala da Federación Galega de Fútbol en Lugo, Iván Pico, e dos clubs participantes.

Vicepresidencia da Deputación financia a Copa, cunha achega de 22.200 euros, un 10 % máis que na última edición, que se distribúe entre os equipos con premios en función dos partidos disputados e das eliminatorias superadas (entre 200 e 385 euros), ademais de premiar aos equipos campións (entre 550 e 800 euros) e subcampións (300 e 450 euros) de cada categoría.

O vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, explicou que “co patrocinio desta competición reforzamos o apoio aos clubs de fútbol sala da provincia que, ademais de beneficiarse economicamente da participación, teñen a oportunidade de comezar a competir e traballar na posta a punto de cara a temporada” e ratificou “o compromiso da Viceprsidencia da Deputación cun deporte que goza dun gran nivel competitivo na provincia”.

EQUIPOS PARTICIPANTES

De Preferente e Primeira División Feminina participan nove equipos: Ribeira Lieders FS, Concello de Begonte FS, Grupo Forma-T Vilalba FS B, Praias de Barreiros CD, Burela Pescados Rubén B, Os Meigallos, FSF Castro Supexport B, SD Castroverde, Taboada Futsal

De 3ª División Nacional Masculina e Preferente Masculina participan 12 equipos: Ribeira FS B, Outeiro de Rei SD, O Korreo Guitiriz FS, Insuas do Miño Rábade FS, Grupo Forma-T Vilalba FS B, Praias de Barreiros CD, Concello de Begonte FS, Fonsagrada FS, Os Meigallos FS, Club Deportivos Casás, PM Friol FS, ADC Lugo Sala  Automóbiles Losada B

De Primeira e Segunda División Masculina participan 19 equipos: CD Chao, Castroverde FS, Samos FS, PM Friol FS B, Decotropic FS, O Korreo Guitiriz FS B, Outeiro de Rei SD B, Concello de Begonte FS B, Luisitalia, Cubelas, Puebla Futsal, Trabada Futsal, SD San Lázaro, Oural FS, Abella FC, FSF Castro Carnemax, A Lareira Os Meigallos FS  B, Club Lemos FS, Desguaces Herbón.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18269991874695