A vantaxe de estudar no rural: o CEIP Plurilingüe de Nadela e a aposta pola filosofía dunha escola activa

LugoXa
O centro, que conta actualmente con 130 alumnos, desenvolve un programa de estudos que participa en numerosos proxectos e aproveita unha contorna única O CEIP Pluliringüe de Nadela é un centro situado a 7 quilómetros da capital luguesa.
Escuela nadela portada
3 Mar 2024

O centro, que conta actualmente con 130 alumnos, desenvolve un programa de estudos que participa en numerosos proxectos e aproveita unha contorna única

O CEIP Pluliringüe de Nadela é un centro situado a 7 quilómetros da capital luguesa. Situado nunha contorna totalmente rural mantén a mesma estrutura e funcionamento que calquera outro centro da cidade pero conta con outras moitas características que o fan diferente. Destaca, por exemplo, o seu ambiente rural, sendo, por tanto, un espazo natural cheo de recursos para o seu aproveitamento educativo en todos os aspectos.
Acolle actualmente un total de 130 alumnos nos cursos que van desde infantil ata sexto de primaria, sendo a meirande parte usuarios de comedor escolar e transporte, en horario continuado. Sen dúbida non ter unhas clases masificadas ofrece outra vantaxe engadida.

A día de hoxe é un centro cunha maioría de profesorado definitivo e comprometido coa contorna e co seu labor docente e que participa en diferentes proxectos e programas educativos como son e-Dixgal, Contratos Programa, Plan Dixital, Plan Director, EduEmprende, Plurilingüismo, Plan de fomento do uso do galego, 21 días co galego e + e moitos outros. A participación no Plambe é o motor do traballo diario e a biblioteca escolar o centro neurálxico dunha actividade engadida e de onde parten todas as propostas que se desenvolven ao longo do curso da man na súa mascota Tintileo.

Na etapa de Educación Infantil a metodoloxía baséase na filosofía das escolas activas onde os nenos e as nenas son os protagonistas das súas aprendizaxes. Unha escola para a vida baseada na exploración, na manipulación, na creatividade, o xogo... “fomentando as aprendizaxes significativas, as actividades manipulativas e sensoriais, a resolución de retos, a sensibilidade cara ó medio ambiente… onde todos e todas desenvolven as súas potencialidades, sexan cales sexan as súas características, necesidades e intereses, respectando así dende unha escoita activa as cen linguaxes dos nenos das que falaba o

“Queremos impartir unha educación integral e continua de calidade”, engade. A metodoloxía didáctica que aplican promove o interese do alumnado tal e como amosan os resultados obtidos ata o de agora. “Está centrada na observación directa, na experimentación, o desenvolvemento de destrezas e o acceso a fontes escritas ou audiovisuais para conseguir unha completa asimilación de coñecementos”, explica Gema Lombó.

Así, o fin principal deste modelo é que os “os nosos alumnos sexan felices no seu paso polo colexio e adquiran unha formación académica óptima; pero, sobre todo, que sexan boas persoas adaptadas aos novos tempos e retos profesionais do futuro”, afirma.

Por iso, desde a dirección do centro insístese no feito de cultivar os valores desde que son pequenos en cada una das súas actividades, que son amplas e variadas. Eses valores nos que traballan día a día son o respecto, a tolerancia, a responsabilidade, a solidariedade, a xenerosidade, o traballo, o esforzo, a perseveranza e a creatividade.

0.20113611221313