A veciñanza da Fonsagrada manifestouse en defensa da sanidade pública

LugoXa
El PSOE de Negueira de Muñiz denuncia que sus vecinos no pueden ser atendidos debido a que llevan una semana sin médico.
BNG Fonsagrada manifestacion sergas 2023
27 Nov 2023

O BNG convocou unha concentración na Fonsagrada pola defensa da sanidade pública da comarca. Rosa Rego, concelleira do BNG na Fonsagrada, explicou que na actualidade o Centro de Saúde da vila conta só con 3 médicas que atenden á veciñanza da Fonsagrada e Negueira de Muñiz, preto de 4.000 persoas cunha media de idade moi avanzada. “A Xunta intenta facer na Fonsagrada o que xa se fixo noutros centros de atención primaria, redúcese a calidade do servizo ata pechar o centro de saúde”, afirmou Rosa Rego.

“Tras anos sen asumir as demandas da xente da Fonsagrada e facilitar os servizos de radioloxía ou fisioterapia sen ter que desprazarse ata Becerreá, temos que soportar agora que rematen tamén coa atención primaria”, afirmou Rosa Rego, que engadiu “eliminouse o médico compartido con Negueira de Muñiz, como fixeran xa antes co de Ribeira de Piquín, na Fonsagrada perdemos un facultativo 3 días á semana”. O BNG destaca a gravidade da situación, dado que no vindeiro mes xubílase outro médico, e a veciñanza teme que o Sergas non cubra a praza como realizou en outros concellos.

A resposta a esta concentración foi masiva por parte da veciñanza de A Fonsagrada e de Negueira de Muñiz, onde se decidiu seguir adiante con outras medidas ata conseguir que o Sergas revirta esta situación. Ademais  o BNG presentará diferentes iniciativas no Parlamento galego para reactivar a atención primaria, e neste caso, a reposición urxente de persoal facultativo desta comarca.

0.12490105628967