A veciñanza de Castroverde terá un curso para aprender a usar os caixeiros

LugoXa
Esta formación será o vindeiro martes 24 de setembro ás 11.00 horas no centro sociocultural Paco Pestana
Caixeiros-Abanca
Uso caixeiros
15 sep 2024

Dando resposta as peticións dos maiores que ven limitado o uso do caixeiro ao non ter os coñecementos adecuados para levar a cabo as diferentes operacións e debido á redución das oficinas bancarias, o Concello de Castroverde ofrece un curso sobre o manexo seguro dos caixeiros. Esta formación será o vindeiro martes 24 de setembro ás 11.00 horas no centro sociocultural Paco Pestana.

Con esta iniciativa estase dando resposta a unha demanda dos veciños que poderán facer uso de maneira sinxela deste aparello bancario.

O curso está enmarcado no Programa de Educación Financeira no que se ensina a usar os caixeiros para facer as operacións máis habituais en calquera momento.

0.096014976501465