A veciñanza de Coeses entregou centos de sinaturas no edificio administrativo da Xunta en Lugo

LugoXa
Rubén Arroxo, tenente alcalde de Lugo e portavoz municipal do BNG, manifestou o apoio rotundo da formación nacionalista á veciñanza
veciñanza-Coeses-Lugo-Xunta
8 Apr 2025

A veciñanza de Coeses entregou centos de sinaturas no edificio administrativo da Xunta en Lugo, sumando un novo capítulo á mobilización social contra a planta de biometano proxectada no monte comunal da parroquia.

O acto, que responde á firme oposición da comunidade ao proxecto, contou co apoio de diversas organizacións, entre elas o BNG, que reitera o seu compromiso coas demandas da cidadanía.

Rubén Arroxo, tenente alcalde de Lugo e portavoz municipal do BNG, manifestou o apoio rotundo da formación nacionalista á veciñanza, recordando que "o proxecto foi rexeitado na Autorización Ambiental Integrada, mais a Xunta continúa a defenderlo como Iniciativa Empresarial Prioritaria". Arroxo tamén advertiu que o conflito segue aberto e que o BNG continuará loitando pola paralización definitiva do proxecto. "A propia Xunta recoñeceu as deficiencias do proxecto, pero inexplicablemente mantén o seu respaldo, priorizando os intereses privados por riba dos dereitos da veciñanza", denunciou.

Desde o BNG, cualificaron a loita da plataforma veciñal como exemplar e sostida no tempo, subliñando a importancia da súa constancia e organización. "O BNG sempre estivo e estará ao carón da veciñanza, tanto nas institucións como na rúa, denunciando proxectos que non responden ao interese común e que poñen en risco o medio e a saúde das persoas", afirmou Arroxo.

⚙ Configurar cookies
0.098401069641113