A veciñanza de Doiras manifestouse contra o peche do consultorio

LugoXa
O BNG comparte a preocupación da veciñanza pola situación na que este consultorio tras quedar vacante a praza de médico
manifestación_centro_doiras
6 Ago 2024

A veciñanza de Doiras manifestouse nunha nova concentración diante do consultorio de Doiras para denunciar que non se reabra o consultoiro no mes de agosto. Nesta concentración participaran xunto coa veciñanza de Doiras o responsable local de Cervantes, Bernardo Vàldes, e a deputada no Parlamento Galego polo BNG, Olalla Rodil.

A veciñanza de Doiras deixou de manifesto o seu descontento polas mentiras que o PP contou cando dixo que se ía reabrir o consultorio no mes de agosto coa enfermeira. O BNG comparte a preocupación da veciñanza pola situación na que este consultorio tras quedar vacante a praza de médico e agora ver que non repoñen a de enfermeira. “Dende o BNG compartimos esa preocupación, e xunto coa veciñanza esixímoslle á Xunta de Galiza que reabra o consultorio de Doiras”, pediu a deputada nacionalista.

“O PP enganou á veciñanza pois a realidade é que queren pechar este consultorio de forma definitiva”, expuxo Olalla Rodil. As veciñas e os veciños de Doiras deixaron claro que van seguir a pelexar para que se manteña este servizo en Doiras porque a sanidade é algo urxente e importante para manter poboación nesta zona da montaña lucense.

Dende o BNG demandan un compromiso coa veciñanza de reapertura deste consultorio xa, tal e como mantivo o PP a principios de xullo, pois defenden a sanidade pública de todo o país especialmente o da zona da montaña lucense, xa que supón unha redución na calidade asistencial dos concellos da montaña nunha zona xeograficamente moi extensa e na que as distancias se multiplican por razóns orográficas. “Seguiremos apoiando á veciñanza e levando esta cuestión ao Parlamento Galego porque é un dereito fundamental poder a asistencia sanitaria preto do teu domicilio, porque é de xustiza social e é un dereito fundamental que non nos poden roubar”, concluíu Olalla Rodil.

0.21906781196594