A veciñanza de María Balteira reclama solución ao estado dun solar na Lavandeira de Lugo

A Asociación Veciñanza María Balteira trasladou públicamente unha queixa ás Concejalías de Medio Ambiente, Urbanismo e Vías e Obras do Concello de Lugo ante a situación dun solar situado no cruzamento da rúa da Lavandeira coa rúa Flor de Malva.
O espazo non cumpre de forma evidente as normativas municipais de peche e, ademais, alberga varios cables eléctricos colgados en postes de madeira, deteriorados, a baixa altura e enredados entre si, supoñendo un risco grave para as persoas que circulan pola zona.
Segundo sinala a propia asociación, a situación require unha actuación urxente das concellarías implicadas. Reclaman expresamente que se retiren os cables en mal estado e que se obrigue á propiedade do solar a pechar o terreo conforme á normativa vixente, evitando así o abandono e a inseguridade que sofren os veciños.
A veciñanza confía en que o Concello de Lugo actúe canto antes para garantir a seguridade cidadá e o cumprimento da legalidade.