A veciñanza de Rábade mostra o seu malestar pola falta de desbroce en rúas e camiños

LugoXa | TerraChaXa
Os grupos da oposición no Concello de Rábade tamén reclamaron de maneira reiterada que se acometan estas tarefas de mantemento
desbroce-de-fincas-en-rabade
10 Oct 2025

A situación do mantemento das vías públicas de Rábade volve xerar malestar entre a veciñanza, que denuncia o estado de abandono e a falta de desbroce en diferentes rúas e camiños do municipio. Segundo sinalan varios residentes, “hai moita foto e moita publicidade, pero as vías públicas seguen sen desbrozar”, apuntando tamén que o equipo de goberno parece “máis ocupado nas súas liortas internas que en atender as necesidades básicas do pobo”.

Dende hai semanas, os grupos da oposición no Concello de Rábade veñen reclamando de maneira reiterada que se acometan estas tarefas de mantemento, especialmente nas zonas máis afectadas pola maleza e a falta de limpeza. Algunhas destas peticións foron  debatidas nos plenos, "sen que ata o momento se teñan concretado actuacións efectivas".

A chegada do outono e as choivas incrementan o risco de deterioro das beirarrúas e estradas, polo que os veciños demandan unha resposta urxente e unha planificación adecuada para evitar que a situación se agrave.

⚙ Configurar cookies
0.10042691230774