A veciñanza de Taboada, Chantada e Monterroso sumouse á iniciativa do BNG para pedir o arranxo da N-540

LugoXa | RibeiraSacraXa
A veciñanza de Taboada, Chantada e Monterroso concentrouse á altura de Meixonfrío, no municipio de Taboada para solicitar o arranxo integral da N-540, xunto co BNG.
BNG Taboada arranxo N 540
20 Xan 2024

A veciñanza de Taboada, Chantada e Monterroso concentrouse á altura de Meixonfrío, no municipio de Taboada para solicitar o arranxo integral da N-540, xunto co BNG.

Nesta iniciativa participaron Nestor Rego, deputado do BNG no Congreso; Efrén Castro, deputado na Deputación Provincial; Jose Portela, tenente alcalde de Taboada e concelleiros das vilas por onde pasa a N-540 e veciñanza de Monterroso, Taboada e Chantada.

Así, "a estrada N-540 segue nun estado de conservación pésimo e con fochancas durante todo o percorrido dende Lugo a Ourense. En Lugo precisamos vías seguras para estar conectados con Ourense, unha cidade coa que se ten moita relación comercial. Nos vindeiros orzamentos que se presenten no Congreso o BNG pedirá ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana que se inclúan unha serie de partidas para o arranxo integral desta estrada”, informou Néstor Rego ás persoas alí congregadas.

Ademais, o BNG esixirá que o Goberno do Estado actúe de maneira inmediata naqueles puntos da estrada onde o perigo para a circulación é maior, "pois na mesma existen puntos onde se precisan actuacións de forma inmediata e estaremos pendentes de que se execute esa reforma integral o antes posible sen agardar ao 2025", concluíu.

0.20242500305176