A veciñanza reclama a Xunta que faga un centro de día e unha residencia na antiga sede de Aspnais

LugoXa
A asociación Encrucilladas lembra que o edificio leva cinco anos abandonado
antigo-edificio-aspnais
Antiga sede de Aspnais
20 Xul 2024

A Xunta Directiva da Asociación Veciñal Encrucilladas, que representa aos veciños e veciñas da rúa Encrucilladas da cidade de Lugo, así como á rampla de Claudio López e inmediacións do antigo local de Aspnais, denuncia o estado actual destas instalacións, tras máis de 5 anos abandonadas.

A este respecto, a asociación propón á Xunta a creación, nestas instalacións, dun centro de día, así como unha residencia destinada á terceira idade, "por ser Lugo unha cidade de poboación claramente envellecida, unido ao feito de que o tempo medio de espera para o acceso a unha praza pública nunha Residencia da Terceira Idade é de dous anos e o custo medio dunha praza nunha residencia privada rolda os 2.500 euros ao mes, claramente lonxe do alcance da inmensa maioría dos veciños e veciñas".

Desde a Xunta Directiva da Asociación Veciñal Encrucilladas lembran, así mesmo, á Xunta de Galicia, que hai máis de 4 décadas que non constrúe unha residencia pública da terceira idade. A máis recente é a construída por Amancio Ortega no barrio da Residencia, e é de xestión privada.

Por todo o anteriormente detallado, desde esta entidade solicitan á Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social e Igualdade, a construción dun centro destas características que evite, á súa vez, o "notable e crecente deterioración das mesmas cos problemas que iso carrexa".

0.20537304878235