A veciñanza solicita a renovación do alumeado na rúa Flor de Malva

LugoXa
A Asociación Veciñanza María Balteira e a Federación de AA.
rua flor de malva lugo
31 Xan 2024

A Asociación Veciñanza María Balteira e a Federación de AA.VV. de Lugo Lucus Augusti solicita á Concellería de Vías e Obras do Concello de Lugo, "por ser a Administración con competencia directa nesta materia", que proceda á mellora necesaria e urxente da iluminación pública en cálea Flor de Malva do barrio da Piringalla, rúa moi poboada e por tanto moi transitada.

Segundo explican as luminarias existentes ao longo da rúa están completamente obsoletas, ademais de ser altamente contaminantes e de elevado consumo e escasa potencia lumínica.

Por todo isto, solicitan que cos orzamentos do ano 2024 se realice unha reforma integral da iluminación de dita rúa Flor de Malva.

0.20367097854614