A vidreira do Museo de Lugo loce renovada tras os traballos de restauración das últimas semanas

LugoXa
A vidreira do Museo de Lugo loce renovada tras os traballos de restauración que se levaron a cabo para resolver os problemas de conservación
vidrieira lugo museo
12 Nov 2021

A vidrieira que ilumina a escaleira principal do Museo de Lugo loce renovada tras os traballos de restauración que se levaron a cabo para resolver os problemas de conservación que presentaba, especialmente nos materiais e na estrutura de montaxe dos paneis.

O resultado da intervención, realizada pola empresa especializada Granda&Mena e supervisada polo departamento de Restauración do Museo de Lugo, presentouse este martes nun acto no que estiveron presentes a vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro, a directora do Museo de Lugo, Aurelia Balseiro, e xerente da Rede Museística, Encarna Lago, e máis as dúas restauradoras que executaron os traballos, Isabel Mena e Alba Labrador.  

Os traballos centráronse na limpeza dos paneis policromados e na consolidación da montaxe, que presentaba os maiores danos na parte inferior. Durante a actuación, desveláronse intervencíon de mantemento anteriores e detalles de como foi construída e montada, en 1954, tres anos antes de que o edificio do antigo convento de San Francisco se inaugurase como Museo de Lugo (ata daquela, o Museo estaba no Pazo de San Marcos).

A directora do Museo de Lugo, Aurelia Balseiro, dixo que “a culminación duns traballos cos que se recupera e pon en valor  a vidreira e con ela o conxunto do edificio” que, lembrou, ten a  consideración de Ben de Interese Cultural desde 1962”.  Nese punto, sinalou a “importancia dos traballos de conservación preventiva”, así como outras actuacións que se teñen realizado neste ámbito nos últimos meses, entre eles, a remodelación da sala monográfica dedicada a Julio Prieto Nespereira que supuxo a substitución do enmarcado e a revisión do estado de conservació nda obra exposta do artista no Museo de Lugo. 

Balseiro, incidiu nese mesmo aspecto e valorou a oportunidade de contar no acto coas restauradoras e divulgar o traballo técnico que requiren este tipo de actuacións”. 

Os traballos de restauración desenvolverónse durante un mes, requerindo unha andamiaxe que se retirou a pasada semana. 

DESCRICIÓN ARTÍSTICA DA VIDREIRA

Instalada no oco rectangular rematado en arco de medio punto  que ilumina a  escaleira principal de acceso á primeira planta do Museo de Lugo,  orientado ao xardín da rúa Nova, a vidreira, datada no 1954, está composta por unha parte central de paneis de vidro incoloro texturado e unha faixa perimétrica con decoración mixta de vidro pintado á grisalla e perfís de chumbo.

No plafón correspondente co arco de medio punto, represéntase o escudo da cidade de Lugo e na zona do banco inferior, un tondo con profusa decoración de volutas e motivos florais identifica o edificio e a data: "MUSEO PROVINCIAL / AÑO 1954".  As súas dimensións son 1'8 m. de ancho por aproximadamente 4'75 m. de alto.

1 vidrieira lugo museo

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.22773599624634