A vixésima primeira edición das Xornadas de Seragro chegou a súa fin con gran participación

A vixésima primeira edición das Xornadas de Seragro chegou a súa fin cun acto de clausura que consistiu no brinde do leite, unha homenaxe “a un produto clave no desenvolvemento económico e social de Galicia”, din dende a organización.
Gandeiros, veterinarios e demais profesionais do sector participaron na Facultade de Veterinaria de Lugo no foro técnico que organiza cada ano por estas datas a cooperativa Seragro.
Durante estas xornadas, a gandeira Quiara Pardiñas, da Gandeiría O Palomar (Láncara), detallou a iniciativa de visitas guiadas para nenos que levan a cabo na súa granxa. Ademais, analizáronse en profundidade as últimas tendencias en tecnoloxía e robotización.
O veterinario Álex Bach explicou as ferramentas para tomar decisións en explotacións leiteiras e a experta en recría Carolina Tejero pormenorizou na monitorización da saúde dos futuros animais produtores.
Pola súa parte, o veterinario e asesor de explotacións David García Torres sacoulle proveito aos datos para maximizar o potencial dos robots na xestión da granxa e a veterinaria de Seragro, Noelia Mourazos, profundizou na saúde do ubre.
Con respecto á xestión das forraxes. Primeiro, o enxeñeiro agrónomo Lluis Xanxo-Doria falou da importancia da planificación agronómica, explicando as razóns polas que, a mellora da calidade do ensilado permite acadar unha alta eficiencia leiteira. Dous gandeiros de Boimorto contaron a súa experiencia coa alfalfa: José Manuel Sánchez de Agrociocende, abordou o seu cultivo por primeira vez; e Laura Seoane de Ugasma, presentou os seus resultados tras máis de dez anos traballando con esta planta.
O bloque de conferencias pechouno Sebastián Martín, doutor en veterinaria e consultor, quen presentou a súa exposición titulada 'El éxito del ganadero con G de jefe'.