A XIX Festa da Troita de Navia de Suarna celebrarase o 18 de abril

A cita gastronómica, organizada pola sociedade de pesca Río Navia co apoio do Goberno galego, terá lugar na Praza de España
presentación-Festa-da-Troita-de-Navia-2025
10 Apr 2025

A tradicional Festa da Troita de Navia de Suarna celebrará a súa décimo novena edición o vindeiro 18 de abril, coincidindo co Venres Santo.

A cita gastronómica, organizada pola sociedade de pesca Río Navia co apoio do Goberno galego, terá lugar na Praza de España da localidade e volverá reunir a veciñanza e visitantes arredor da gastronomía e da música.

A xornada dará comezo coa sesión vermú e a comida na polbeira, situada nunha carpa cuberta que permitirá desfrutar do evento independentemente das condicións meteorolóxicas.

Xa pola noite, a partir das 21.00 horas, está programada unha cea popular con troitas e paella como protagonistas, á que seguirá unha verbena amenizada polo trío “La Quinta Máquina”.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, destacou a importancia desta celebración, que cualificou como “unha cita indispensable do Venres Santo, que reúne á veciñanza e a numerosos visitantes que durante estas datas retornan á vila e pobos da comarca e arredores”.

A Festa da Troita continúa a consolidarse como un dos eventos máis destacados da Semana Santa na montaña lucense, combinando tradición, gastronomía e convivencia nun ambiente festivo e acolledor.

⚙ Configurar cookies
0.16900610923767