A Xove Orquestra de Lugo inaugura a súa tempada 2025/2026

A Asociación Xuvenil Xove Orquestra de Lugo anunciou a celebración do acto de apertura da tempada 2025/2026, que terá lugar o sábado 13 de setembro.
Así, convidan a todas as persoas interesadas a achegarse ás 20.00 horas ao Conservatorio Profesional de Música de Lugo "Xoán Montes", situado na Ronda Músico Xosé Castiñeira número 5.
O encontro contará coa intervención dos membros da xunta directiva, que presentarán os proxectos programados para o novo curso, e culminará cunha actuación musical a cargo dun cuarteto de cordas pertencente á propia orquestra.