A Xove Orquestra de Lugo organiza un curso de especialización orquestral

LugoXa
A formación contará con recoñecidos músicos e desenvolverase entre o 25 e o 30 de agosto
Xove-Orquestra-Lugo
9 Aug 2025

A Asociación Xuvenil Xove Orquestra de Lugo celebrará do 25 ao 30 de agosto o Curso de Especialización Orquestral 2025, que incluirá clases, ensaios e actuacións abertas ao público en diferentes datas e escenarios da cidade.

A xornada inaugural será o luns 25 de agosto ás 11:45 horas no Conservatorio Profesional de Música de Lugo Xoán Montes, situado na Ronda Músico Xosé Castiñeira número 5. O programa continuará o xoves 28 de agosto ás 20:30 horas no mesmo conservatorio, e culminará o sábado 30 de agosto ás 20:00 horas cun concerto de clausura na Praza de Santa María, no que os asistentes poderán gozar do resultado do traballo realizado ao longo da semana.

O curso contará cos mestres de corda Berthold Hamburger e Deborah Gonsalves, o especialista en madeiras Alex Salgueiro, o profesor de metais Gustavo Castro e o de percusión José Trigueros, que tamén exercerá como director convidado. Ademais, participará como asistente Nicolás Ravelli Barreiro.

⚙ Configurar cookies
0.3059778213501