A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova presenta á Xunta a súa nova programación

LugoXa
O director Nicolás Ravelli e o presidente Jorge Coira reuníronse co delegado territorial Javier Arias para valorar o uso de espazos autonómicos e futuras actuacións
Reunion-Terra-Nova-Xunta
21 Oct 2025

O director da Xove Orquestra de Lugo Terra Nova, Nicolás Ravelli, e o presidente da entidade, Jorge Coira, mantiveron un encontro co delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, co obxectivo de presentarlle a programación de concertos e actividades previstas para esta tempada e explorar posibles vías de colaboración institucional.

Durante a reunión, analizouse a opción de empregar instalacións dependentes da Administración autonómica para acoller as actuacións dalgunhas das formacións que integran a orquestra, como o Ensemble de Metais ou o grupo de Música Antiga.

Arias felicitou á agrupación, composta por máis dun cento de músicos, polo labor de promoción e difusión da música clásica que desenvolven dende Lugo, destacando o seu compromiso coa formación e coa proxección cultural da provincia.

⚙ Configurar cookies
0.078754901885986