A xovenca máis cara da última poxa de Acruga en Pedrafita tivo un valor de 3.400 euros

LugoXa
As xovencas, todas procendentes do centro de recría da Granxa Gayoso Castro, dependente da Deputación de Lugo, se adxudicaron por prezos superiores aos de saída
Poxa-Acruga-Granxa-Gayoso-Castro-Pedrafita
22 Nov 2024

O recinto gandeiro de Pedrafita do Cebreiro acolleu a última poxa do ano que celebra Acruga, unha poxa con moi bos resultados que puxo así o broche de ouro á tempada de subastas coa adxudicación das dez xovencas presentadas e cun prezo medio de 3.060 euros.

Pasadas as doce da mañá deu comezo a poxa de Xovencas de Raza Rubia Galega, con un total de 38 gandeiras e gandeiros que obtiveron tarxeta para poder puxar por algúns destes animais.

As xovencas, todas procendentes do centro de recría da Granxa Gayoso Castro, dependente da Deputación de Lugo, se adxudicaron por prezos superiores aos de saída, fixado en 2.300 euros, e finalmente se venderon por cantidades que oscilaron entre os 2.700 e os 3.400 euros, esta cifra a máis elevada da xornada. "Pedrafita sempre é unha boa feira á hora de obter bos resultados e esta tampouco defraudou", dixeron desde Acruga.

Nesta ocasión, superáronse as cotizacións da poxa do pasado mes de abril, no que se rexistrou un prezo medio de 2.758 euros, o que permitiu chegar aos 3.060 euros.

As dez xovencas preñadas duns seis meses, con idades comprendidas entre os 23 e os 28 meses, se presentaron no anel de subastas con moi boas calificacións e con excelentes xeonealoxías nas que figuran sementais como Colón AG, Cubillón AG, Xeitoso AG, Pokemón AG ou Pavaroti AG, entre outros.

Entre os compradores houbo gandeiros e gandeiras de diferentes municipios da provincia de Lugo, aínda que chamou a atención un criador da propia Pedrafita que se levou tres xovencas a súa explotación.

O deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias, xunto ao alcalde de Pedrafita do Cebreiro, José Luis Raposo; o presidente da Asociación Nacional de Criadores de Gando Vacún Selecto de Raza Rubia Gallega (ACRUGA), César Dorado Pin, e outras autoridades, participaron na poxa de Xovencas de Raza Rubia.

A Deputación de Lugo presentou dez exemplares procedentes da Granxa Gayoso Castro a este certame, no que participaron gandeiros e gandeiras de diferentes explotacións da provincia e doutros lugares limítrofes, como León ou Asturias. O prezo medio dos animais foi de 2.758 euros e o animal que obtivo o maior prezo foi vendido por 3.400 euros.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19118094444275