A Xunta abre o prazo para solicitar as axudas para mellorar as infraestruturas de telecomunicacións en edificios

GaliciaXa | LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa | ACoruñaXa | OurenseXa
As solicitudes, que poderán cubrir o 100 % da actuación, poderán ser solicitadas ata o 16 de setembro
eficiencia-enerxética-edificios
7 Aug 2024

Xa se poden pedir as axudas do programa estatal ÚNICO para mellorar as infraestruturas de telecomunicacións en edificios dirixidas a comunidades de propietarios e corporacións locais despois de que a Xunta de Galicia publicara no Diario Oficial de Galicia dita información. As solicitudes, que poderán cubrir o 100 % da actuación, poderán ser solicitadas ata o 16 de setembro.

Trátase da segunda convocatoria destas axudas, que terá unha dotación orzamentaria de algo máis de 4 millóns de euros, dos que a metade corresponderán a comunidades de propietarios e a outra metade a corporacións locais galegas que precisen adaptar as instalacións de telecomunicacións no interior de edificios ou conxunto de edificacións da súa propiedade.

Haberá tres liñas de actuación: a primeira cubrirá a instalación completa da infraestrutura de telecomunicacións adaptada para radiodifusión sonora, televisión dixital e banda larga ultrarrápida, cun importe máximo de 680 euros por unidade inmobiliaria, ata un máximo por proxecto de 23.800 euros.

A segunda liña refírese á instalación parcial de infraestrutura de telecomunicacións adaptada para radiodifusión sonora, televisión dixital e banda larga ultrarrápida, cun importe máximo de 600 euros por unidade inmobiliaria, ata un máximo por proxecto de 21.000 euros.

E a terceira liña refírese exclusivamente á infraestrutura de telecomunicacións adaptada para banda larga ultrarrápida. Neste caso, o importe máximo por unidade inmobiliaria será de 485 euros, ata un máximo por proxecto de 16.975 euros.

Galicia abriu o pasado 24 de xullo o prazo da segunda convocatoria para solicitar as axudas para mellorar a conectividade en polígonos industriais e área loxísticas. Anteriormente, o 28 de xuño, abrírase a terceira convocatoria de bonos dixitais para facilitar a familias ou persoas vulnerables a contratación ou o mantemento de servizos de banda larga cunha velocidade mínima de 30Mbps.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18154692649841