A Xunta alleará 37 lotes de madeira nunha poxa pública que se celebrará en Lugo

LugoXa
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución da convocatoria dun alleamento de madeiras en Lugo, a través da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal da Consellería do Medio Rural, nunha poxa pública electrónica que terá lugar na Delegación Territorial da Xunta na provincia lucense o 26 de febreiro.
arboles forestal tala
9 Xan 2024

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución da convocatoria dun alleamento de madeiras en Lugo, a través da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal da Consellería do Medio Rural, nunha poxa pública electrónica que terá lugar na Delegación Territorial da Xunta na provincia lucense o 26 de febreiro.

Nesta poxa, adxudicaranse 37 lotes cun valor total de 1.780.000 euros, dos cales 23 contan con certificación forestal sostible PEFC e 3 dispoñen da dobre certificación, PEFC e FSC, os dous sistemas de certificación máis implantados no mundo. Case todos os lotes, pertencen a comunidades de montes veciñais en man común que teñen convenios ou consorcios de xestión forestal coa Consellería do Medio Rural.

As empresas que opten aos lotes deben ter un certificado de cadea de custodia, que garante a trazabilidade da madeira. A certificación forestal sostible asegura que a xestión dos bosques de onde procede a madeira é respectuosa co medio ambiente, mentres cumpre con outras funcións ecolóxicas, económicas e sociais.

Os lotes suman 67.204 metros cúbicos de madeira de piñeiro. Ademais é toda verde e será vendida baixo a modalidade de alleamento de risco e ventura. Ao igual que en poxas electrónicas anteriores, os licitadores realizarán os trámites de forma telemática, dende a consulta dos lotes dispoñibles ata a poxa final. Para seguir todo o proceso, disporán dunha sala virtual creada para tal fin.

Plataforma de consulta

Os interesados en poxar por algún destes lotes dispoñen dunha plataforma desenvolvida pola Consellería do Medio Rural e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) para consultalos e obter información sobre as súas características a través dun visor web cartográfico creado polo Instituto de Estudos do Territorio. Ademais, este espazo tamén permite facer consultas ou buscas por múltiples campos, exportar en formato PDF os planos ou descargar os límites dos lotes en dispositivos móbiles, para localizar facilmente as superficies arboradas obxecto de poxas públicas.

Por outra banda, os licitadores terán que presentar as súas ofertas económicas a través da sede electrónica da Xunta, apoiándose nun videotitorial elaborado para axudar nesta situación.

Enlace á publicación no DOG

0.19093799591064