A Xunta aproba a demolición do Garañón
A Xunta de Galicia deu hoxe a súa aprobación ao proxecto do Concello de Lugo para proceder ao derribo do edificio do Garañón. Esta aprobación ven tras comprobar dende a administración autonómica que esta intervención non afecta a ningún ben protexidos situados na contorna.
O edificio ubicado no parque Rosalia de Castro leva paralizado máis dunha década e dende hai uns meses o Concello de Lugo xa tiña adxudicado o contrato de demolición ca finalidade de converter este espazo nunha zona verde.
Este proxecto atende á contratación do proxecto visado de obras completo e tamén á reposición ao estado orixinal dos terreos, a execución das obras, así como a dirección facultativa necesaria das mesmas, que abranguerán a todo o edificado sen título habilitante.
Ahora coa aprobación da Xunta de Galicia o Concello ten luz verde para levar a cabo a demolición.