A Xunta colabora coa II Ruta Cabalar de Orbazai, que se celebrará o 22 de marzo

LugoXa
Os organizadores agardan superar as cifras da primeira edición e prevén reunir uns 60 xinetes e amazonas chegados de distintos puntos da comunidade
Ruta-Cabalar-Orbazai-Xunta-Lugo
20 Mar 2025

A Xunta de Galicia colabora coa II Ruta Cabalar de Orbazai, que terá lugar o próximo sábado 22 de marzo en Lugo.

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, presentou a cita na Delegación Territorial xunto ao presidente e vicepresidente do Grupo Cabalar da parroquia, Alejandro Burgo e Sergio Díaz.

As actividades da xornada comezarán ás 9.00 horas cun café de benvida para os participantes. A ruta iniciará ás 10.00 horas e terá un percorrido de arredor de 20 quilómetros polos camiños de Orbazai, A Retorta, Ombreiro e Adai.

Ao remate da ruta, os asistentes poderán desfrutar dunha comida popular á que poderá asistir todo aquel que o desexe. A festa continuará durante toda a tarde, coa animación musical do grupo Jaque e a discoteca móbil La Duendeneta. Ademais, os participantes terán a oportunidade de levarse sorteos e agasallos para adultos e nenos.

Os organizadores agardan superar as cifras da primeira edición e prevén reunir uns 60 xinetes e amazonas chegados de distintos puntos da comunidade, así como máis de 150 persoas na comida de confraternidade.

Javier Arias subliñou o apoio da Xunta a esta ruta, da que é o patrocinador principal, e destacou o labor realizado polo Grupo Cabalar de Orbazai na organización de actividades ecuestres.

"Este tipo de eventos non só fomenta a afección polo deporte ecuestre, senón que tamén contribúe á dinamización social e á promoción turística da parroquia e do municipio, ao discorrer a ruta por algúns dos fermosos paraxes naturais da nosa contorna", afirmou o delegado territorial.

⚙ Configurar cookies
0.15287685394287