A Xunta comprométese cos traballadores a mediar no conflicto de Tegestacín

TerraChaXa | LugoXa
A Xunta de Galicia convocará unha reunión de mediación cos xestores da empresa Tegestacín, respondendo así á petición do comité de empresa.
reunion comite empresa tegestacin
15 Xan 2022

A Xunta de Galicia convocará, en próximas datas, unha reunión de mediación cos xestores da empresa Tegestacín, respondendo así á petición do comité de empresa, nun encontro que tivo lugar na Delegación Territorial de Lugo.

A esta xuntanza asistiron os representantes sindicais dos traballadores, ademais da Directora Xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha; o Director Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros e o delegado territorial, Javier Arias, entre outros.

Os delegados sindicais dos traballadores de Tegestacín, a planta láctea de Outeiro de Rei en proceso de extinción cun ERE que afecta a 70 empregados, explicaron aos representantes do Goberno Galego que teñen prevista unha reunión cos responsables da empresa o vindeiro día 19, polo que unha vez celebrada a mesma e tras coñecer a postura da empresa, a Xunta fixará a data para a xuntanza de mediación a tres bandas.

Dende o comité de empresa informa que "a situación actual é límite, toda vez que á falta de garantías e impago dos salarios, engádese na xornada de onte outra nova incógnita no suministro enerxético que poida introducir máis incertidumes na actual situación de producción de ‘mínimos’ o que nos situaría nun escenario máis crítico.

Malia o anterior a empresa continua o seu proceso de desmantelación e deslocalización deste centro de traballo cara as súas instalacións na antiga factoría de zumos de Leite Pascual".

0.15271401405334