A Xunta de accionistas do Lugo votará o mes que vén a absorción do Polvorín FC
De conformidade co disposto na vixente Lei e nos Estatutos Sociais, o Consello de Administración acorda convocar unha Xunta Xeral Extraordinaria de accionistas que se celebrará nas oficinas administrativas do Club, situadas na venida da Fábrica da Luz, o día 21 de outubro de 2024 ás 19:00 horas en primeira convocatoria, e para o día seguinte, 22 de outubro de 2024, á mesma hora, en segunda convocatoria, para deliberar e decidir sobre os asuntos comprendidos na orde do día.
O primeiro punto será aprobar a fusión por absorción do Polvorín FC (club absorbido) por parte do Club Deportivo Lugo SAD (club absorbente) e, polo tanto, a integración deste na estrutura do Club Deportivo Lugo.
O segundo punto tratará sobre aprobar a autorización e delegación de facultades ao consello de administración para a interpretación, corrección, complemento e execución e desenvolvemento dos acordos que se adopten en xunta xeral, así como para substituír as facultades que se reciban da Xunta Xeral e concesión de facultades para a elevación de instrumentos público de tales acordos.