A Xunta de Galicia apoia o XXVI Máster Nacional de Futbolín en Rábade

LugoXa | TerraChaXa
O evento, organizado pola Asociación de Futbolín Bola Meiga e o Concello de Rábade, contará coa participación de arredor de 1.000 xogadores
XXVI-MÁSTER-DE-FUTBOLÍN-Rábade
17 Apr 2025

A Xunta de Galicia apoya a celebración do XXVI Máster Nacional de Futbolín, que terá lugar en Rábade desde hoxe e ata o próximo sábado.

O evento, organizado pola Asociación de Futbolín Bola Meiga e o Concello de Rábade, contará coa participación de arredor de 1.000 xogadores de distintas partes do país nas modalidades de parado, movemento e combinada.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, estivo presente esta mañá no inicio do torneo e realizou unha visita ás instalacións do pavillón municipal Eduardo Fernández, que acollerán por primeira vez este prestixioso evento.

Durante o campionato, entregarase un total de nove trofeos, entre os que destaca o Trofeo Xunta de Galicia ao mellor xogador galego, ademais de repartir un total de 16.000 euros en premios. Este torneo, de gran relevancia para a modalidade, espera ofrecer grandes momentos de emoción e competitividade aos participantes e ao público asistente.

⚙ Configurar cookies
0.16455602645874