A Xunta de Galicia porá en marcha obras de reparación no Conxunto Etnográfico do Cebreiro

LugoXa
Os traballos que se porán en marcha inclúen a reparación dos picos e ladeiras da palloza de Quico e a do Campelo
CONXUNTO-ETNOGRaFICO-DO-CEBREIRO
6 Out 2024

A Xunta de Galicia porá en marcha nas vindeiras semanas obras de reparación no Conxunto Etnográfico do Cebreiro. Trátase dunha actuación que se vén de adxudicar por un importe de 25.000 euros e que busca solucionar os problemas de filtración e humidades en catro pallozas.

Esta actuación reflicte o compromiso da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude coa protección e posta en valor destes bens patrimoniais xestionados a través do Museo do Castro de Viladonga.

En concreto, os traballos que se porán en marcha inclúen a reparación dos picos e ladeiras da palloza de Quico e a do Campelo. Ademais, actuarase tamén nas ladeiras da palloza do museo e na de Galán.

O proxecto complétase coa renovación dos teitos con veo de uz e palla, incluíndo a recollida destes materiais para refacer a man os colmos.

0.14034008979797