A Xunta de Goberno extraordinaria nomea un novo tribunal para o proceso selectivo da Policía

LugoXa
A tramitación urxente do proceso permitirá que as e os seleccionados poidan incorporarse ao curso da AGASP que comeza o 18 de outubro.
policia local sirena
28 sep 2021

O Goberno local vén celebrou unha Xunta de Goberno extraordinaria para nomear o Tribunal cualificador de dous procesos selectivos para o acceso en propiedade dun total de 12 prazas de Oficial de Policía Local, en quenda de promoción interna.

Dúas das prazas vacantes, que recolle a primeira das convocatorias, proceden da Oferta de Emprego Público de 2016, mentres que as restantes – e incluídas na outra convocatoria – se corresponden 1 coa OEP de 2018, 6 coa ampliación desa mesma OEP de 2018 e as outras 3 coa OEP de 2020.

A designación deste Tribunal – común aos dous procedementos – lévase a cabo logo da renuncia de parte dos e das integrantes do xurado anterior.

A área de Persoal, tramitou con urxencia a súa constitución coa vontade de finalizar a selección de aspirantes para que estes e estas poidan comezar o curso selectivo da AGASP, que ten programado o seu inicio para o vindeiro 18 de outubro.

0.20172500610352