A Xunta destaca o labor realizado por Raiolas en Lugo
LugoXa
Durante unha xuntanza coa súa presidenta, Inés Flores, subliñou especialmente a apertura do primeiro centro de día para persoas con trastorno autista
18 sep 2024
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, destacou o importante labor que realiza a asociación Raiolas. Durante unha xuntanza coa súa presidenta, Inés Flores, subliñou especialmente a apertura do primeiro centro de día para persoas con trastorno autista que se pon en marcha na provincia, que se inaugurará oficialmente o vindeiro sábado.
A Xunta colaborou economicamente coa entidade no acondicionamento das instalacións, situadas nun edificio do Campus universitario que estaba en desuso, e tamén contribúe ao seu funcionamento concertando prazas e financiando diversos programas e servizos.