A Xunta e a Asociación Itineris estudan novas iniciativas para dinamizar o barrio da Tinería

LugoXa
Arias subliñou que o Goberno galego segue avanzando na rehabilitación urbanística da Tinería como base para impulsar o tecido empresarial e favorecer o asentamento de novos residentes
Xunta-Asociación-Itineris-Lugo
5 Mar 2025

A presidenta e o vicepresidente da Asociación de Empresarios da Tinería Itineris, Isabel Lozano e Alberto Curiel, reuníronse co delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, para analizar posibles colaboracións nos vindeiros meses co obxectivo de revitalizar este barrio do casco histórico da cidade.

Arias lembrou o compromiso da Xunta coas festividades que se celebran en setembro, destacando que na última edición se ofreceu apoio con iniciativas e recursos que foron clave para atraer a numerosas persoas ao barrio, acadando un gran éxito. "Seguiremos traballando e valorando novas medidas para fomentar a actividade económica e atraer visitantes ao centro histórico", afirmou o delegado territorial.

Neste sentido, Arias subliñou que o Goberno galego segue avanzando na rehabilitación urbanística da Tinería como base para impulsar o tecido empresarial e favorecer o asentamento de novos residentes. Anunciou, ademais, que a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas convocará proximamente un concurso de ideas para a redacción do plan especial da UI-8, así como para a recuperación e posta en valor do Pazo de Dona Urraca e a súa contorna.

O proxecto gañador será o encargado de redactar as propostas para a construción e rehabilitación dos edificios contemplados na iniciativa. En total, estas actuacións suporán un investimento de medio millón de euros.

⚙ Configurar cookies
0.36311388015747