A Xunta e o Concello de Castro de Rei avalían os avances na mobilidade de terras e nas infraestruturas rurais

LugoXa | TerraChaXa
A parcelaria de Triabá contará con 30 novos camiños nun proxecto de máis de 4,2 millóns de euros ata 2028
MR_alcalde_Castro_Rei
21 Mar 2026

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, mantivo esta semana unha xuntanza co alcalde de Castro de Rei, Francisco Javier Balado, na que analizaron os avances rexistrados no municipio en materia de mobilidade de terras, así como outras actuacións vinculadas á mellora das infraestruturas rurais.

Durante o encontro, ambos responsables abordaron o estado das obras da parcelaria de Triabá, un proxecto que contempla a creación dunha rede de 30 novos camiños e que conta cun investimento superior aos 4,2 millóns de euros ata o ano 2028. Esta intervención, que comezou en outubro de 2025, permitirá mellorar unha superficie de 1.163 hectáreas, nas que se distribúen un total de 3.144 parcelas pertencentes a máis de 550 propietarios.

Ademais, no ámbito das infraestruturas rurais, salientaron que o concello de Castro de Rei dispón dunha axuda aprobada de preto de 88.500 euros no marco do Plan Camiña Rural 2025-2026. Con esta achega, estanse a executar diversas actuacións en varias vías de titularidade municipal co obxectivo de optimizar a accesibilidade e as comunicacións no rural.

0.12243795394897