A Xunta editará en galego o libro 'Descubre Lugo' de José Luis Rodríguez Fernández

LugoXa
A presentación contou co delegado territorial, Javier Arias, quen subliñou o valor da obra para impulsar un turismo máis diverso e distribuído ao longo do ano
edición-Descubre-Lugo
31 Oct 2025

A Xunta de Galicia anunciou que publicará a versión en galego do libro Descubre Lugo, obra de José Luis Rodríguez Fernández, un anuncio realizado polo delegado territorial en Lugo, Javier Arias, durante o acto de presentación celebrado na Delegación Territorial.

Arias resaltou “o rigoroso labor” desenvolvido polo autor e “a súa brillante organización por municipios e comarcas, que a converte nun manual especialmente práctico para coñecer os encantos da provincia, tanto os lugares máis emblemáticos como aqueles recantos menos difundidos”.

O representante autonómico incidiu en que o volume avanza no obxectivo do Goberno galego de promover un turismo máis descentralizado e menos ligado ás tempadas, xa que “ofrece multitude de itinerarios e ideas para un ou varios días que resultan atractivas en calquera momento do ano”.

⚙ Configurar cookies
0.09657096862793