A Xunta entrega unha vivenda de promoción pública en alugueiro na avenida da Coruña

LugoXa
A Xunta de Galicia entregou hoxe unha vivenda de promoción pública en réxime de alugueiro na avenida da Coruña de Lugo.
avenida coruna rolda muralla
6 Xuño 2023

A Xunta de Galicia entregou hoxe unha vivenda de promoción pública en réxime de alugueiro na avenida da Coruña de Lugo. Trátase dun apartamento duns 70 metros cadrados que dispón de dous dormitorios, rocho e praza de garaxe.

O delegado territorial da Administración autonómica, Javier Arias, apuntou que o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) actúa coa maior dilixencia posible para adxudicar a novos arrendatarios as vivendas que quedan desocupadas.

Nese sentido, lembrou que as persoas interesadas en acceder aos pisos de promoción pública poden inscribirse no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda de Galicia, un trámite sinxelo que pode facerse en liña desde a sede electrónica da Xunta ou de maneira presencial nas oficinas do IGVS.

0.19385099411011